Xa teño conta Únete!
×

chat-icon Preguntas flash

×
  • Non tes notificacións novas

Regras de uso

Benvido/a ao portal de participación do Consello da Mocidade Española, en diante CJE.

O CJE, con domicilio social en rúa Monteira, 24, 6.ª planta, C.P. 28013 de Madrid dáche a benvida e convídate a ler atentamente as normas de participación da web que atoparás a continuación.

01

Todas as persoas participantes ou usuarias fano voluntariamente, teñen interese persoal por participar e comprométense a respectar as normas de participación.

Ademais, as persoas que participen no portal declaran ser persoas físicas maiores de 14 anos. As persoas maiores de idade que teñan menores a cargo, son as plenas responsables da actuación que teñan estes no portal de participación.

02

O portal web está deseñado para fomentar a participación transparente e veraz. Dependendo do proceso, as persoas usuarias deben rexistrarse e identificarse cos seus datos persoais.

03

En tanto que o portal constitúe un punto de encontro co obxectivo de participar, debater, compartir e valorar propostas relacionadas coa mellora da calidade de vida da mocidade, os usuarios están obrigados a facer un uso dilixente e acorde ao devandito obxectivo. Por iso, non se admitirán usuarios que non compartan o obxectivo do portal web, que se dediquen a entorpecer o diálogo ou tenten boicotear os procesos. Non se admitirán suplantacións nin duplicacións de identidade. No trolls, no fakes.

04

De acordo á normativa legal vixente queda prohibida a utilización do portal de participación do CJE con fins distintos aos xa mencionados, concretamente:

  • Compartir calquera contido que poida ser considerado como unha vulneración en calquera forma dos dereitos fundamentais á honra, imaxe e intimidade persoal e familiar de terceiros ou contra a dignidade das persoas.
  • Reproducir, distribuír, compartir contidos, informacións ou imaxes que fosen postas ao dispor por outros usuarios sen a autorización expresa destes.
  • Usar imaxes obscenas nin calquera material audiovisual ou textual que poida ferir a sensibilidade dos usuarios e/o persoal administrativo que conformen a participación no portal. O usuario é responsable de ter os dereitos de propiedade intelectual sobre as imaxes que utilice. 
  • A súa utilización con fines de publicidade.

05

A realización de calquera dos anteriores comportamentos permitirá ao CJE suspender temporalmente a actividade dunha persoa participante, inhabilitar a súa conta ou borrar o seu contido, sen prexuízo doutras responsabilidades que poidan ser reclamadas.

06

En caso de litixio de calquera clase ou por calquera motivo entre os participantes no sitio web e/o un terceiro, o Consello da Mocidade quedará exento de calquera responsabilidade por reclamacións, demandas ou danos de calquera natureza relacionados ou derivados do litixio.

07

O equipo técnico do portal poderá responder, editar ou borrar calquera contido que se publique na plataforma tras emitir a razón do mesmo.

08

No caso de que o contido introducido polos usuarios/as incorpore unha ligazón a outro sitio web, o Consello da Mocidade non será responsable polos danos ou prexuízos derivados do acceso á ligazón ou aos seus contidos.

09

Os e as participantes poderán acceder, navegar e participar no portal de participación libremente e de forma anónima. Só cando algunhas das fases ou ferramentas dos procesos participativos requiran da súa identificación, solicitaráselle á persoa que se rexistre.

10

Recoméndase ser preciso e conciso á hora de escribir un comentario, idea ou proposta. Para completar a argumentación poderanse asociar documentos adxuntos, imaxes ou ligazóns das redes sociais.

11

As normas do ordenamento xurídico español rexen de maneira exclusiva estas normas de participación ou condicións de uso. Calquera disputa, controversia ou reclamación derivada destas condicións de uso, ou o incumprimento, rescisión ou invalidación destas, resolverase exclusivamente ante os xulgados competentes.

12

O equipo do CJE resérvase o dereito de revisar as presentes condicións de uso e a política de privacidade en calquera momento e por calquera razón. No devandito caso, os usuarios rexistrados serán avisados a través deste espazo en liña e, se continúan utilizando o portal web, entenderanse aceptadas as modificacións introducidas.